Thursday 02 de May de 2024

Sesenta veciños e veciñas de Frades participaron nunha viaxe á Illa de Cortegada


Sesenta veciños e veciñas de Frades participaron esta fin de semana nunha viaxe á Illa de Cortegada (Pontevedra) organizada polo Concello de Frades. Unha iniciativa na que cada participante escolleu como chegar á illa: os/as máis atrevidos/as optaron por ir e volver en kaiak, mentres que o resto fíxoo por barco, realizando ambos grupos unha visita guiada por toda a illa de Cortegada.

Tras xantar en Carril, os veciños e veciñas de Frades visitaron as praias da ría de Arousa e finalizaron a excursión cunha visita á vila de Cambados. Na viaxe estiveron acompañados polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra.

A próxima viaxe terá lugar esta próxima fin de semana e terá como destino Lisboa (Portugal). Tres días nos que máis de sesenta veciños e veciñas de Frades visitarán as vilas de Lisboa, Estoril, Cascais, Nazaret e Sintra, entre outras.